GARABATOS E LETRAS
Pintando poemas, contos... en fin, palabras
PINTOR OU POETA
Eu non son pintor.
son un simple poeta
que ás veces pinta
o que ve nas palabras.
Un calígrafo, como moito,
que di co trazo
o que lle nega a ollada.
BALDO RAMOS
[Yo no soy pintor. / Soy un simple poeta / que a veces pinta / lo que ve en las palabras. / Un calígrafo, como mucho, / que dice con el trazo / lo que le niega la mirada]
INTERPRETAMOS AS NOSAS PROPIAS HISTORIAS
PINTANDO POESÍAS
CANDO CHORO
Cando choro,/ fágoo sempre sobre os mapas,/ para que chova sobre as cidades preferidas./ As cidades dos mapas,/ aquelas que se poden percorrer/ co perfil perdido da mirada,/ e viaxar dunha a outra nun segundo,/ abarcalas todas,/ ou vivir en todas e en ningunha./ Son as cidades dos mapas,/ as urbes sobre as que sempre choro/ cando estou desconsolado/ (Fran Alonso)
EU VIVIN NUNHA CIDADE DE IOGUR
Eu vivín nunha cidade de iogur/ con rúas de marmelada,/ e edificios doces coma caramelo./ E nunha de ladrillo/ con rúas de cemento,/ e edificios fríos coma o vento./ E nunha de esparto/ con rúas de manteiga,/ e edificios porosos coma feno./ Eu vivín en todas as partes,/ habitantes do tempo./ (Fran Alonso)
AS ÁRBORES DA MIÑA CIDADE
As árbores da miña cidade están soas./ Non teñen compaña./ Se cadra un coche verde,/ aparcada ao seu pé,/ a bolsa do lixo,/ un can mexándolles no tronco./ E, de cando en vez,/ un paxaro despistado./ (Fran Alonso)
FAUNA FANTÁSTICA
#falsificART
Nesta actividade intentamos copiar algúns dos seus cadros.
O resultado pódelo ver no seguinte vídeo
PINTANDO PALABRAS
colle a pluma na man
apreixa no aire
molla o punteiro na tinta
fai delas un libro
e un fermoso cantar