
Nadal solidario 2016
Actividades de Nadal na EOI de Vilagarcía de Arousa
Feira de Nadal 2016
Este ano tentaremos reproducir unha feira típica de Nadal nas instalacións da EOI de Vilagarcía. Para esta finalidade solicitamos que contribuiades cun donativo ou axudando na venda nas distintas linguas de aprendizaxe da nosa Escola. Estes donativos entregaranse a partir do luns 19 de decembro en horario de empréstito da biblioteca e poranse á venda na feira entre o 20 e 21 de decembro. A recaudación resultante irá integramente destinada este ano a AGL "Asociación Galega de Linfedema" Gracias a todos pola vosa colaboración!!!
Operación Kilo 2016
Recollida de alimentos destinados a Cáritas. Entrega de alimentos na conserxería do centro. Precisan sobre todo galletas, aceite, embutidos e produtos de hixiene/aseo. Gracias a tod@s por colaborar.
Concerto de Nadal 2016
Non volo podedes perder!!!
Concurso de representacións e Poxa de Nadal
Bases do concurso á representación de alumn@s máis orixinal e condicións da Poxa de contribucións de elaboración propia á Feira de Nadal dende o 20 á 21 de decembro.