
AS NOSAS APPS
EN GOOGLE PLAY
- Pois si, por fin decidimos que a mellor opción para aloxar as nosas Apps é Google Play. Así simplemente tedes que teclear Sánchez Cantón en Google Play e aparecerán todas as aplicacións que temos ata agora á espera dalgunha novidade que aparecerá nun futuro próximo.
- As aplicacións realizadas polo alumnado TIC do curso pasado e merecedoras do preio Nacional foron subidas polo Concello para ser utilizadas pols visitantes e residentes da nsa cidade.
- Pero agora o IES Sánchez Cantón tamén ten o seu proprio espazo en Google Play onde xa está a aplicación do noso IES e as futuras que esperamos sexan moitas. Se alguén ten algunha idea para deseñar algunha outra aplicación de interese pasade pola biblioteca. Algúns alumnos están traballando en varios proxectos.
- Polo momento , xa sabedes: se tecleas Sanchez Cantón en Google Play aparecerán as seguintes opcións listas para descargar nun clic
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014
ISTO É O QUE PODEDES VER:
DESCRICIÓN
Somos un dos centros de ensino secundario máis antigos de Galicia.
Centos de mozos e mozas foron pasando polas nosas aulas cada curso.
Esperamos que poidas atopar aquí información de utilidade.
Tamén podes lembrar como era aquel sitio onde estudaches ou mesmo botar unha ollada ás nosas instalacións e actividades se estás pensando onde cursar os teus estudos o curso que vén.
Non é máis ca unha mostra, un pequeno paseo. Agardamos que sexa do teu agrado.
IES SÁNCHEZ CANTÓN
DESCRICIÓN
Mentras damos un paseo pola rúa, coñeceremos obras de arte, elementos arquitectónicos, esculturas de escritores que naceron en Pontevedra ou personaxes célebres que deixaron a súa pegada na cidade.
A documentación desta aplicación e textos das preguntas son fruto da colaboración do departamento Lingua Galega do IES Sánchez Cantón.
As imaxes son orixinais, e a da portada é fruto da colaboración do departamento de Plástica.
Versións en galego e castelán.
DESCRICIÓN
Inclúe o uso de xeolocalizadores de Google Maps para situar as prazas e guiar o usuario.
Contén arquivos de audio orixinais para difundir información sobre as mesmas.
As imaxes son orixinais realizadas polo alumnado do IES Sánchez Cantón de Pontevedracos seus móbiles.
Versións en galego, castelán, inglés.
DESCRICIÓN
Utilizamos bibliografía proporcionada polo departamento de Cultura do Concello de Pontevedra.
Tanto a edición da aplicación como a ruta en Google Maps foi elaborada polo alumnado da materia de TIC.
Os textos e o audio nos catro idiomas son froito da colaboración dos departamentos de Lingua Galega, Lengua Castellana, Francés e Inglés do IES Sánchez Cantón.
Versións en galego, castelán, francés e inglés.