DEITADO FRONTE AO MAR
Proxecto: RecitandoCelsoemiliO
- Hoxe día 12 do mes 12 do ano 12 ás 12 h o alumnado de Literatura Galega do S. XX e da Actl. de 2º Bach.D/E fíxolle unha homenaxe a Celso Emilio Ferreiro recitando, facendo seu, o poema Deitado fronte ao mar. Antía levou con mestría a voz cantante, os demais puxeron sentimento e énfase nas súas palabras. E para o acto escolleron a Biblioteca que acolle os libros, os poemas de Celso Emilio e que tamén acolle a este alumnado de literatura a diario para navegar na rede, para ler, para coller ou deixar libros, para todo tipo de actividades ... É o seu espazo predilecto no instituto.
- Deste xeito sumáronse a RecitandoCelsoemiliO:
Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) desexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.
12-12-12: Deitado frente ao mar. Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no Sánchez Cantón